O Concello lembra, ante a proximidade da fin de semana en que terá lugar o Campionato de España de Trial ( 22, 23 e 24 de abril), os cortes de tráfico que afectarán aos veciños neses días, asi como das ocupacións de diversos espazos de aparcamento:
– O parking do campo de fútbol, estará pechado ao uso público, dende o xoves 21 de abril pola mañá ata as 22.00 h do domingo 24 de abril
– O aparcamento situado a lado das aceras da Avenida Arsenio Iglesias, dende a rotonda da Avenida Diputación ata a Piscina Municipal, estará pechado dende as 15.00h do venres 22 ata o domingo 24 de abril ás 22.00h
– A contorna do campo da festa ( onde hay plazas de aparcamento), estará pechada desde o xoves 21 de abril ás 16.00h, ata as 22.00h do domingo 24 de abril.
– O domingo 24 de abril, estará aberto o aparcamento do Gadis, desde as 8.00h ata as 22.00h