O vindeiro sábado 11 de febreiro procederase a cortar a circulación na estrada que comunica co Porto de Suevos á altura da empresa SARVAL.
Produciranse dous cortes dun máximo de media hora entre as 10.00 e as 10.30 horas da mañá e o outro corte entre as 12.00 e as 12.30 do mediodía.
O motivo do corte son unhas obras que está a realizar a empresa SARVAL. Un saúdo e grazas pola difusión.