Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Convocatoria de subvencións para actividades deportivas 2021

/ Convocatoria de subvencións para actividades deportivas 2021

O prazo finaliza o próximo 1 de xullo e terán que xustificarse antes do 30 de novembro

O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades deportivas 2021.

A finalidade da convocatoria consiste na promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo, apoiando ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte para todos, organización de eventos deportivos, así coma a organización de programas de fomento de actividade física saudable e aos deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición. As axudas obxecto desta convocatoria irán dirixidas a consolidar a progresión do rendemento dos deportistas

EXTRACTO DA CONVOCATORIA (BOP 28 de maio de 2021)

  • Obxecto. Promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo no presente ano natural.
  • Beneficiarios.
    • Entidades deportivas legalmente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:
      • Estar inscritas no Rexistro Municipal de asociacións no momento da solicitude.
      • Carecer de fins de lucro.
      • Ter o domicilio social no termo municipal de Arteixo. Terase en conta para determinar o domicilio social da entidade, o domicilio que figure nos estatutos da mesma.
      • Entidades deportivas que conten, como mínimo, co 50% dos deportistas empadroados en Arteixo que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Arteixo.
      • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do concello de Arteixo ou sobre temas de interese para o Concello de Arteixo.
      • Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda perante o Concello de Arteixo para o mesmo obxecto para o que se solicita a nova subvención.
      • Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
      • Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
    • Os Deportistas arteixáns individuais que cumpran os seguintes requisitos:
      • Estar empadroado no Concello de Arteixo, cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos, no momento da solicitude.
      • Que destaquen por resultados en competicións oficiais de ámbito nacional ou internacional e que estean en posesión da licenza de federado expedida ou tramitada pola correspondente federación deportiva e teñan os 12 anos cumpridos no ano da convocatoria.
      • Competir, no ano da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións (poderase estudar a posibilidade de acceder a estas bolsas participando en competicións autonómicas que se consideren de interese público).
      • Acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, o ano anterior ao da solicitude.Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).
  • Bases reguladoras.–  Bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a actividades deportivas en réxime de concorrencia competitiva ano 2021 publicadas no BOP de 6 de maio de 2021.(https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/05/06/2021_0000003713.pdf)
  • Contías.- As contías destinadas son os importes consignados no orzamento ordinario para o ano 2021, ascendendo a un total de 316.800,00 € con cargo á partida 341.489.03.
  • Criterios de valoración.- As bases reguladoras conteñen os criterios de concesión da subvención aplicables para a valoración dos proxectos presentados.
  • Prazo de presentación de solicitude.- O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, iniciándose a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP de A Coruña. (1 de xullo de 2021)
  • Prazo de Xustificación.- O prazo para a presentación da xustificación das subvencións remata o 30 de novembro do 2021 debendo tramitarse segundo se especifica nas bases reguladoras

Documentos:

Convocatoria BOP

Publicación aprobación BASES

Anexo I Solicitude deportistas individuais

Anexo II Proxecto deportivo

Anexo III Resultados

Anexo IV Orzamento

Anexo I Solicitude Peroas Xurídicas

Anexo II Fomento do deporte federado

Anexo III Certificado federación licencias

Anexo IV Proxecto celebración eventos deportivos

Anexo V Proxecto programas fomento actividade física saudable

Anexo VI Orzamento

Xustificación deportistas

Memoria de actuacións deportistas

Memoria económica deportistas

Xustificación entidades

Memoria de actuacións entidades

Memoria económica entidades

Ir al contenido