O concello aprobou en pleno o modificado de crédito necesario para financiar un convenio con Augas de Galicia.
Supoñerá un investimento de 545.000 euros en completar a rede existente de ramais de saneamento na parroquia de Monteagudo. Concretamente, Augas de Galicia achegará 436.000 euros e o concello 109.000 euros.
Os lugares da parroquia de Monteagudo onde se ampliará así a rede de saneamento será na parte alta do núcleo principal de Monteagudo, e noutras partes da parroquia como son os lugares de Coto, onde se mellorará a rede xa existente, ou en Vilela, Rocha, A Perillona, Ibia, Freixal, Casanova ou Ramilo.
En todos estes lugares da parroquia completarase a rede ou se mellorarán as súas condicións debido á antigüidade dos ramais ou os bombeos.