Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cóntanos > Whatsapp

/ Whatsapp

Servizo de información WhatsApp

O Concello de Arteixo pon en marcha unha nova canle de información municipal mediante a aplicación WhatsApp. O obxectivo do Consistorio é manter o contacto directo cos veciños da localidade para manterlles informados sobre noticias de carácter municipal.

 

Procedemento para darse de alta e baixa

 

Para recibir noticias municipais segue as instrucións que che indicamos:

  1. Agrega ao Concello como contacto: Garda na túa lista de contactos o teléfono do Servizo de Información do Concello pulsando desde o teu móbil, ou ben, agréganos aos teus contactos dende o código QR
  2. Mándanos un WhatsApp: Escríbenos un WhatsApp coa palabra ALTA
  3. Logo, recibirase unha mensaxe confirmando a alta no servizo.

Desde este momento, o usuario/a dá o seu consentimento para recibir desde O Concello de Arteixo información cos bandos, programación cultural, actividades, incidencias ou datas de eventos deportivos, culturais, así como outro tipo de información municipal.

Para darse de baixa deberá enviarse unha mensaxe ao Whatsapp co texto BAJA e deixará de recibirse a información.

 

Código QR

Agréganos aos teus contactos aquí

 

Método de difusión

 

Os usuarios e usuarias do servizo non poderán ver os datos e información do resto de persoas xa que as novas se envían a través dunha lista de difusión.

O Concello de Arteixo é o administrador do servizo, co que será o propietario do mesmo e desde onde se remitirán as mensaxes.

 

Normas de uso

 

É unha canle de comunicación unidireccional polo que as persoas que se dean de alta no servizo non poderán enviar mensaxes de resposta nin realizar consultas.

Ao darse de alta no servizo acéptanse as condicións e normas de uso expostas. O incumprimento das normas suporá a baixa automática por parte do administrador.

 

Whatsapp (condicións do servizo)

O servizo de información WhatsApp, é unha canle de comunicación unidireccional.

Se queres contactar co Concello tes que utilizar os outros medios habilitados que aparecen nesta ligazón ou directamente empregando o número de teléfono 981 60 00 09, o correo electrónico correo@arteixo.org ou ben dirixíndote ás nosas instalación na Praza Alcalde Ramón Dopico, 1.

Para darche de baixa do servizo mándanos un WhatsApp coa palabra BAJA.

Os datos por Vde. facilitados serán tratados polo Concello de Arteixo, en calidade de Responsable de Tratamento, coa finalidade xestionar o envío de comunicacións ou notificacións por parte da entidade a través de mensaxe de telefonía móbil (SMS, MMS, Whatsapp ou outros similares), por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente. A base xurídica de lexitimación para o tratamento dos datos persoais radica no consentimento explícito manifestado na formalización de solicitude deste sistema de comunicación institucional.

Os datos serán conservados mentres Vde. non solicite a baixa no sistema de comunicacións. Con todo, os datos poderán ser conservados, no seu caso, con fins de arquivo de interese público, fins de investigación científica e histórica ou fins estatísticos.

Os datos non serán cedidos ou comunicados a terceiros, salvo nos supostos previstos, segundo Lei. Con todo, os datos puidesen ser obxecto de cesión ou comunicación aos operadores de telefonía móbil ou outros servizos técnicos, a fin de prestar o soporte necesario para o envío das comunicacións ou notificacións. Vde. poderá exercitar os dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Limitación ou, no seu caso, Oposición. Para estes efectos, deberá presentar un escrito no Rexistro de Entrada do Concello de Arteixo.

No escrito deberá especificar cal destes dereitos solicita sexa satisfeito e, á súa vez, deberá mostrar ou, en caso de envío postal, acompañar a fotocopia do DNI ou documento identificativo equivalente. No caso de que actuase mediante representante, legal ou voluntario, deberá achegar tamén documento que acredite a representación e documento identificativo do mesmo.

Así mesmo, en caso de considerar vulnerado o seu dereito á protección de datos persoais, poderá interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Ir al contenido