Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

No mandato 2019-2023, o Pleno na sesión extraordinaria celebrada o 4 de xullo de 2019, acordou o réxime de retribucións sobre asistencias a órganos colexiados, que foi recollido no BOP do 15 de xullo de 2019 na sede.

Axudas

Para os gastos derivados de desprazamentos extraordinarios ou de longo percorrido, así coma para as
axudas de custo, os membros corporativos percibirán as contías fixadas para o Grupo 2 nos Anexos do Real Decreto
462/2002, do 24 de maio, revisado pola resolución de dous de decembro de dous mil cinco da Secretaría de Estado de
Hacienda y Presupuestos.

Asistencias

Os concelleiros que non ostenten dedicación percibirán indemnización pola asistencia aos seguintes órganos dos que formen parte, que se expresan en termos brutos e sobre os que se deberan realizar os descontos oportunos:

– Sesións do Pleno da Corporación: 200,00 € por cada sesión, cun máximo retribuíble de dúas sesións mensuais.

– Sesións da Xunta de Goberno: 400,00 € por cada sesión, ata un máximo de tres sesións mensuais.

– Comisións Informativas Permanente de asuntos xerais do Pleno: 200,00 € por cada sesión, cun máximo retribuíble
de dúas sesións mensuais.

– Comisións Informativas Permanente de asuntos económicos e ou Comisión Especial de Contas: 200,00 € por cada
sesión, cun máximo retribuíble de dúas sesións mensuais.

– Comisión Informativa Especial de Deslinde: 200,00 € por cada sesión, cun máximo retribuible de dúas sesións
mensuais.

– Xunta de Voceiros: 200,00 € por cada sesión, cun máximo retribuíble de dúas sesións mensuais.

– Mesa de Contratación: 200,00 € por cada sesión, cun máximo retribuíble de dúas sesións mensuais.

Para que poida apreciarse a concorrencia efectiva os concelleiros deberán personarse no lugar de celebración da
sesión na hora da súa convocatoria. Transcorridos como máximo 20 minutos dende a hora da convocatoria da sesión, os
membros do órgano colexiado que non estean presentes non poderán figurar na acta correspondente nin devengarán ao
seu favor dereito ao cobro da indemnización por asistencia anteriormente regulada.

Ir al contenido