Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Concello e veciños unen esforzos para recuperar sete quilómetros de senda en Sisalde

PUBLICACIÓN

Concello e veciños unen esforzos para recuperar sete quilómetros de senda en Sisalde

23 Ago, 2021 | NOTICIAS

O Concello, xunto cos membros das asociacións de veciños de Larín, Barrañán, Armentón, Monteagudo e a que agrupa ás parroquias de Chamín e Sorrizo, ven de acadar o permiso da maioría dos propietarios das 190 fincas que limitan co Rego da Ibia na súa unión co río Sisalde, para realizar traballos de desbroce e acondicionamento da senda de sete quilómetros que bordea esa zona e na que atópanse 38 antigos muíños. Concello e asociacións traballaron durante semanas con este obxectivo.

A maioría de propietarios xa asinaron a autorización necesaria para que nos cinco metros de ancho dende a marxe do río o concello poda abrir unha senda. A memoria realizada polo enxeñeiro agrónomo José Manuel Pérez, indica que o trazado desta senda discorrerá  “nos arredores do curso do río, discurrindo polas parroquias de Barrañán, Chamín, Armentón, Monteagudo e Larín.No entorno do cauce localizáronse , a día de hoxe, 38 muiños con enorme relevancia para a historia de Arteixo e que actualmente non están aproveitados debido ao seu estado, xa que atópanse na súa maioría cubertos de maleza sendo case inaccesibles para o seu uso como disfrute turístico».  A mesma memoria indica  que o “cauce a desbrozar conta cunha lonxitude aproximada de 7 km, empezando desde a Fervenza da Groba e terminando na carretera DP-0514”.

As actuacións que se levarán a cabo seran básicamente de desbroce manual, sen emprego de medios mecánicos pesados; e corte e retirada de árbores caídas sobre o río e a zona de servidume, así como de pólas con risco de caída ou que dificulten o paso da auga. Tamén inclúese o desbroce de vexetación do entorno e o interior dos muiños.

Tras a apertura da senda e á vista da situación concreta do entorno, o concello  volverá a valorar as necesidades de acondicionamento para continuar traballando na súa mellora.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido