Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Concello e CCA unen forzas na organización dunha nova Feira de Oportunidades

PUBLICACIÓN

Concello e CCA unen forzas na organización dunha nova Feira de Oportunidades

29 Sep, 2021 | AXENDA LECER, NOTICIAS

Arteixo celebra desde o venres pola tarde (abre as 17.00 horas) ata o domingo pola tarde (pecha as 20.00 horas) unha Feira de Oportunidades e de veículos de ocasión no Campo da Festa de Arteixo.

A Feira foi presentada hoxe polo alcalde Carlos Calvelo, o concelleiro de Promoción Económica, Ángel Vázquez, e a vicepresidenta do Centro Comercial Aberto, Lucía Graíño.

O concello organiza conxuntamente co CCA a feira, que ten como unha das súas novedades que non se cobrará nada os comerciantes que participen na feira. Esta medida de aforro está promovida polo concello para continuar axudando o texido comercial afectado polos efectos da pandemia. Neste sentido, nos dous últimos anos, o concello puxo en marcga medidas de apoio o comercio e a hostelería como foi o reparto de 1,9 millóns en axudas directas ou deixar de cobrar as tasas de terrazas e basura.

O obxectivo principal deste evento é dinamizar a economía do sector comercial, e que aumente a cantidade de clientes e consumidores, tanto de Arteixo coma doutras localidades, animándoos a mercar mediante o incentivo das condicións ou prezos vantaxosos, e mediante a comodidade de aglutinar un grande número de comercios e produtos diversos nun mesmo espazo para facilitar as compras. Tamén é unha oportunidade para captar novos clientes, ademais de fidelizar aos habituais, debido á alta concentración de público no evento.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido