Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O concello compra 9.300 m² en Os Barreiros para afianzar unha das maiores zonas de lecer do municipio

PUBLICACIÓN

O concello compra 9.300 m² en Os Barreiros para afianzar unha das maiores zonas de lecer do municipio

9 Sep, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo formalizou a compra dunha gran zona de lecer no lugar de Os Barreiros, na parroquia de Monteagudo.

O municipio xa viña utilizando esa zona como lugar de esparexemento a través de convenios que tiña asinados cos veciños, pero agora pasa a ser propiedade do concello.

A compra dos 9.300 m2, que inclúen terreos rústicos e urbanos, foi taxada polos técnicos do concello en 130.000 euros e servirá tamén para afianzar as obras de adecuación e mantemento que xa había vindo realizando nos últimos anos. A zona xa conta con mobiliario urbano e mesmo grelladas e é un espazo habitual para celebracións lúdicas e prácticas deportivas.

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, visitou hoxe á zona xunto a técnicos municipais para analizar as posibilidades de novos investimentos na zona de lecer unha vez que xa é propiedade do patrimonio público municipal. A zona ofrece diversas posibilidades xa que esta composta tanto dunha parte de terreo urbano como de rústico, o que permite diversas posibilidades á hora de ampliar os servizos públicos na área. Actualmente a zona é habitualmente utilizada por diversas asociacións de veciños para organizar eventos lúdicos e tamén como centro neurálxico para roteiros de sendeirismo, roteiros de bicicletas de montaña ou outras actividades deportivas ou de lecer. Coa súa incorporación ao patrimonio municipal convértese nunha das maiores zonas de lecer do concello de Arteixo.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido