Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Comezan os traballos para a habilitar unha nova rúa e ampliación da rúa de Os Baños

PUBLICACIÓN

Comezan os traballos para a habilitar unha nova rúa e ampliación da rúa de Os Baños

22 Abr, 2022 | NOTICIAS

O Concello comeza os traballosde urbanización da UA 8, fronte á residencia de maiores, que supón a apertura dunha nova vía de dobre dirección.

O novo espazo terá aparcamentos a ambos lados e conectará as rúas Ría de Vigo e Camiño dos Cabalos. Tamén suporá a ampliación da rúa de Os Baños na que non hai beirarrúas e bastante estreita.

O obxectivo deste proxecto é mellorar o tránsito peonil e de vehículos. Crearanse 131 novas prazas de aparcamento e urbanizarase a zona, actualmente un descampado e un camiño de terra, coa ampliación de zonas verdes e de equipamentos con un total de 2.000 m2. .

Ángel Monteoliva, arquitecto encargado da elaboración do proyecto explica que co mesmo «preténdese desenvolver uns terreos integrados no casco urbano, conformando o ámbito da UA8, clasificado como solo urbano non consolidade, coa fin da conclusión do sistema viario, actualmente inacabado, e da trama residencial, así como a consecuci´pn dunha zona de espazo libre que sirva de esparexemento á poboación, así como unha parcela para dotacións. A solución aportada no proxecto de urbanización contempla a execución dun novo viario que forma a estrutura xeral da trama viaria e conecta a Rúa de Vigo co Camiño dos Cabalos, tendo conexión coa Rúa Río Miño».

As obras teñen un presuposto cercan aos 600.000 euros e como explica o proxecto de urbanización «proxéctase un novo vial denominado Rúa A que enlaza a rúa Camiño dos Cabalos con Ría de Vigo e na que resólvese a conexión das rúas Domingo Andrade e Rúa Pedro de Monteagudo, e complétase o viario da Rúa Río Tambre e Rúa Baños. O ancho total da calzada de circulación da nova rúa e Rúa Baños é de 13 m, cun vial de dobre sentido de 3,25m para cada carril, aparcamento en liña cun ancho de 2,50 m nun dos dous sentidos e un ancho de acera de 2 m a ambos lados.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido