O Concello comeza os traballos que permitirán urbanizar un tramo de 50 metros que conectará a avendida de Baldomero González coa Travesía de Arteixo. A inversión é de 232.000 euros.
O vial deseñado para estes 50 metros ten un ancho de 16 metros que permitirá da unha saída á Avenida de Baldomero cara á Travesía de Arteixo. Tamén creará novas zonas verdes e se ampliarán as que xa existen nas marxes do paseo fluvial. Na marxe que discorre paralelo ao paseo tamén suporá a ampliación do ancho do paseo.
A conexión orixinal destas rúas provocaba una pendente demasiado empinada. O novo proxecto conecta ambas vías cunha pendente máis suave e adecuada para a circulación do tráfico. O plan tamén obrigou a modificar o Plan de Ordenación do Litoral debido a que a lei tamén obriga a realizar esta modificación por encontrarse no ámbito de actuación do río Bolaños.
Con estes traballos o concello logra dar saída ao tráfico do centro e dotar de accesibilidade o entorno, ao tempo que completa e pecha o circuito de infraestructuras necesarias, xa que os traballos inclúen a execución de redes de servizos de electricidade e de auga.