Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Comezan as obras para a reforma da capela do Balneario que será un espazo socio-cultural

PUBLICACIÓN

Comezan as obras para a reforma da capela do Balneario que será un espazo socio-cultural

9 Mar, 2023 | NOTICIAS

O concello de Arteixo procedeu hoxe a levantar a acta de reformulo das obras que se inician esta semana na capela do Balneario.
A capela do Balneario inicia así o proceso para converterse nun espazo socio-cultural multiusos. O proxecto tendra un custo total próximo ao medio millón de euros, dos que douscentos mil serán achegados por fondos europeos.
A capela é un dos tres espazos do Balneario de Arteixo. Un é o edificio de baixo máis dúas plantas que era o antigo hotel, cuxa planta baixa e xardín están a piques de abrir tras finalizar as obras;  outro é o edificio destinado ás augas termais e o terceiro é a capela, que agora se licitará.
O concello xa finalizou este ano as obras do complexo do Balneario de Arteixo co inicio da reforma da planta baixa e o xardín, onde se acondicionar o espazo da planta baixa (dun 400 m²) e o recinto do xardín exterior, onde se instalaron unhas bancadas, que se integrarán nun espazo para a realización de eventos no exterior e unha zona verde. Foi un investimento de 768.000 euros e supuxo o final da primeira fase das obras de reforma do edificio principal, que suma un total de 1.800 m².
Despois desta primeira fase de obras acometerase unha segunda fase na que se adecuarán o segundo e o terceiro piso do edificio principal. Paralelamente licitarase o outro edificio de planta baixa anexo, onde se instalarán unhas termas públicas. A primeira fase da reforma serviu para que a planta baixa albergue unha gran ludoteca, un espazo para as persoas da terceira idade e o mencionado espazo no xardín exterior do Balneario.
O alcalde de Arteixo, Calos Calvelo, formalizara o ano anterior a compra o Balneario de Arteixo con fondos da Fundación Amancio Ortega para convertelo nun centro público socio-cultural. O alcalde de Arteixo expresou a súa “satisfacción” polo que considerou un “día histórico” para o concello de Arteixo.
A idea que sustenta este proxecto é que o uso do novo equipamento teña un carácter interxeracional, e poida redundar no beneficio de persoas de todas as idades. O Balneario de Arteixo é un complexo de edificios cuxa creación se remonta a mediados do século XVIII. É un elemento fundamental na historia do municipio e a zona na que se atopa xa existen outros edificios públicos como a Residencia de Maiores e a Escola Infantil ou o Centro Cívico de Arteixo.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido