O Concello iniciou hoxe a obra de humanización do Paseo do Balneario. Trátase de mellorar a accesibilidade da rúa coa instalación dunha plataforma única co obxectivo de mellorar a conectividade peonil entre o paseo fluvial e o seu paso polo centro de Arteixo e a Praza do Balneario.
A inversión é de 550.000 euros e enmárcase dentro das propostas do plan de accesibilidade aprobado polo concello.
O tráfico, por mor destes traballos, estará cortado polo que aconséllase aos conductores optar por itinerarios alternativos. Os propietarios e usuarios de garaxes teñens habilitados pasos alternativos a través da parte do Paseo del Balneario que está aberto e a través de rúas adxacentes.
O Concello tamén iniciará próximamente as obras dun tramo de vía adxacente ao paseo do Balneario na que conflúen ata sete rúas: rúa Xeneral Mosquera Palleiro, praza Maestro Cándido, paseo do Balneario, paseo fluvial e rúa Alcalde Baldomero González.
Trátase de convertilas en plataforma única para situar ao mesmo nivel as actividades urbanas de tránsito peonil e de vehículos. Esta solución constructiva elimina os bordillos que delimitan a diferencia de cota entre a beirarrúa e a calzada que sitúanse ao mesmo nivel. Ao se tratar dunha zona de convivencia entre vehículos e peóns, procederase á delimitación de espazos, coa diferenciación de pavimentos tanto en texturas como en cor e o uso de elementos de mobiliario urbán como bancos, xardiñeiras ou aparcabicis, para diferenciar os distintos espazos de actuación.
O novo proxecto nace do recentemente aprobado Plan de Accesibilidade de Arteixo que pretende, entre outras cousas, detectar as zonas de maior urxencia de actuación en zonas de accesibilidade. O plan detalla actuacións que suman un presuposto de 5,8 millóns de euros ata 2024 e inclúe fichas detalladas de diversas zonas do concello sobre as que se actuará. O obxectivo da accesibilidade universal é a eliminación das barreiras que impiden o acceso de todas as persoas ao seu entorno físico e ás redes de servizos e dotacións. O plan de accesibilidade dimensiona económicamente e temporalmente as actuacións que fan posible a eliminación destas barreiras.