O Concello comeza os traballos para construir, en Meicende, o novo Centro Concilia. Trátase dun edificio que ten como finalidade conciliar a vida familiar dos veciños mediante un espazo de convivencia onde maiores e pequenos, baixo a supervisión de monitores especializados, podan ter unhas horas diarias para a conciliación.
As obras, que teñen un coste de 767.000 euros, lévanse a cabo na parcela de 3.100m2 que ocupa a nova praza da Avenida de Butano e ocupará 1.100m2.
O novo edificio terá un uso mixto como centro de día e ludoteca e finánciase con Fondos Feder dentro das diferentes liñas de inversión dos 5 millóns de euros concedidos a Arteixo pola Unión Europea.
O centro de Meicende, cunha superficie de 499m2, disporá de baixo e dúas plantas superiores ademáis dun xardín anexo.