Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Comezan as obras do Balneario coa reforma da planta baixa e o xardín

PUBLICACIÓN

Comezan as obras do Balneario coa reforma da planta baixa e o xardín

14 Jun, 2022 | NOTICIAS

O Concello comezou hoxe as obras do complexo do Balneario co inicio da reforma da planta baixa e o xardín.

Os traballos consisten na reforma do espazo da planta baixa, duns 400m2; e o recinto do xardín exterior no que se instalarán unha nova zona verde e gradas que se usarán posteriormente para a realización de eventos no exterior.

Trátase da primeira fase das obras de reforma do edificio que suma un total de 1800m2. As obras terminarán este ano e servirán para a planta baixa alebergue unha gran ludoteca, un espazo para a teceira idade; e o xardín exterior.

A segunda parte dos traballos servirá para adecuar o segundo e teceiro pisos e o edificio anexo onde haberá unhas termas públicas.

A compra do balneario por parte da Fundación Amancio Ortega por tres millóns de euros, é a culminación do plan municipal que se puxera en marcha en marzo de 2021 e que o alcalde calificou como un «feito histórico» .

O Balneario consta dun conxunto de edificios do século XVIII e é un elemento fundamental da historia de Arteixo. A zona na que se ubica xa dispón de outro equipamento público como a residencia de maiores oy a escola infantil, tamén doados pola Fundación Amancio Ortega.

O executivo quere que este emblemático edificio sexa un edificio público que ofreza servizos culturais e sociais a todos os cidadáns. Disporá de equipamento interxeneracional e o obxectivo é que redunde en beneficio de persoas de todas as idades.

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido