Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Comezan as obras de mellora do centro social de Barrañán

PUBLICACIÓN

Comezan as obras de mellora do centro social de Barrañán

6 Jun, 2025 | NOTICIAS

O concello de Arteixo iniciou unhas obras de mellora do centro social de Barrañán que consistirán nun aumento da terraza exterior xa existente, tamén se colocará unha pérgola para que se poidan realizar actividades no exterior con protección solar e de choivas.

Nas mesmas obras tamén se está realizando unha mellora dos accesos no seu parte norte e a construción de muretes de contención
adaptados á topografía do terreo.

As obras teñen un custo próximo aos 88.000 euros.

Estas obras veñen complementar as realizadas no interior do centro social hai uns anos. O centro utiliza o edificio dunha antiga escola da
parroquia, e coa reforma conseguíronse dúas grandes salas polivalentes duns cen metros cadrados cada unha e que serven para a realización de actividades municipais e reunións dos veciños.

A reforma actual foi acordada coa asociación de veciños de Barrañán co obxectivo de dotar ao centro de maiores posibilidades en canto á
realización de actividades e a eliminación de barreiras arquitectónicas. O edificio atópase situado na zona de Outeiro preto da praia de Barrañán. É unha edificación en forma de L, distribuído en dúas plantas. O edificio resultante da reforma quedou dividido tamén en dúas plantas, unha planta sobre rasante e outra planta parcialmente enterrada. En total a superficie do edificio rolda os 280 metros cadrados. Agora verá ampliadas as súas instalacións exteriores con esta nova obra.

Ir al contenido