O Concello comezou hoxe as obras de construcción da senda peonil que unirá as urbanizacións de Montegolf e La Cornisa co Concello de A Coruña.
A nova senda terá unha lonxitude de preto de 300 metros e suporá un investimento de preto de 150.000€. Arteixo xa acometera anteriormente o expediente de expropiación necesario para conseguir os terreos que demandaba o proxecto e mellora, con estes traballos, a seguridade vial na zona.
O Concello acometeré neste punto outras melloras nos próximos meses como a reforma e posta en funcionamento das instalacións deportivas que quedara abandiadas pola empresa que construiu Montegolf e que o concello convertiu en públicas tras un acordo coa empresa propietaria. O Concello reparará e actualizará esta zona deportiva para convertila nunha zona pública de ocio que contará con varias canchas e unha piscina descuberta.