O Concello comezou hoxe os traballos para a construcción da nova senda de Laxobre que terá 300 metros de lonxitude e que pretende mellorar e adecuar a seguridade vial da estrada CM-0295.
A obra, con un presuposto de 200.000 euros, tamén mellorará de forma significativa a comunicación entre a poboación residente do núcleo de Laxobre.
O proxecto inclúe a instalación das canalizacións necesarias así como a eliminación de postes de formigón e o soterramento do cableado aéreo. Tamén se renovará a iluminación e a mellora do firme e ampliación da plataforma para mellorar a seguridade da vía que soporta unha elevada carga de tráfico.
O Concello xa finalizara en o decembro pasado o trámite de expropiación necesario para construir catro novas sendas peonís. Tres estarán en Pastoriza, no triángulo que forman as rúas Jacques Cousteau, Félix Rodríguez de la Fuente e Rexedoiro. A cuarta, en Arteixo, estará na rúa Torrente Ballester que comunica o núcleo de Arteixo coa Catuxa.
A nova actuación, que xa conta con proxecto constructivo e será costeada con parte dunha partida de 500.000€, suporá a creación de novos itinerarios entre Barrionovo e A Choupana e suporá que os veciños podan camiñar por unha senda desde o centro social, a escola infantil e o parque, ata as proximidades do campo de fútbol.