Dende a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación infórmase que comeza o prazo de renovación de matrícula do alumnado que este ano cursa BÁSICA II da EMMArteixo para o vindeiro curso 2023/2024 nas sedes de Arteixo e Meicende.
Para o curso 2023/2024 os prazos para o procedemento de renovación da matrícula e selección de instrumento do alumnado de BÁSICA II da EMMArteixo son os seguintes:
- Do 27 de marzo ao 14 de abril
- Do 17 de abril ao 2 de maio (exposición das listaxes[1] e posibles reclamacións)
ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN
A través do enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío do modelo de renovación correspondente para cada procedemento.
INFORMACIÓN:
Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:
- Luns: 09:00 a 13:15 h.
- Mércores: 09:00: a 13:15 h.
- Xoves: 16:00 a 18:30h
- Venres: 09:00 a 13:15 h.
Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com
NON PODERÁ RENOVAR A MATRÍCULA NA EMMArteixo:
- O alumnado expulsado mediante expediente disciplinario.
- O alumnado que teña cumpridos seis anos de permanencia na escola na mesma materia ou dez anos dende que empezou música e movemento .
[1] Previa comprobación de datos de débeda pública.