Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Comeza o prazo de renovación de matrícula para o alumnado Curso 2025-2026

/ Comeza o prazo de renovación de matrícula para o alumnado Curso 2025-2026

Dende a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación infórmase que comeza o prazo de renovación de matrícula do alumnado da EMMArteixo para o vindeiro curso 2025/2026 nas sedes de Arteixo e Meicende.

Para o curso 2025/2026 os prazos para o procedemento de renovación da matrícula do alumnado da EMMArteixo son os seguintes:
 Do 1 ao 17 de marzo (prazo de renovación de matrícula do alumnado, exceptuando o alumnado que este ano cursa Básica II, que ten os seus propios prazos)
 Do 21 ao 31 de marzo (exposición das listaxes e posibles reclamacións)

ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN
A través do enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío dos modelos correspondentes para cada procedemento:

Renovación adultos

Renovación menores

Enviaranse ao alumnado da EMMArteixo a través do correo electrónico antes do comezo do prazo correspondente (nos casos de renovacións de matrícula).

INFORMACIÓN:
Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:
 Luns: 09:00 a 14:00 h.
 Martes: 16:00 a 19:00h
 Mércores: 09:00 a 14:00 h.
 Venres: 09:00 a 14:00 h.
Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com

NON PODERÁ RENOVAR A MATRÍCULA NA EMMArteixo:
1. O alumnado expulsado mediante expediente disciplinario.
2. O alumnado que teña cumpridos seis anos de permanencia na escola na mesma materia ou dez anos dende
que empezou música e movemento .

Ir al contenido