Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Comeza o prazo de renovación de matrícula na Escola Municipal de Música

Inicio > Comeza o prazo de renovación de matrícula na Escola Municipal de Música

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación informa do comezo do prazo de renovación de matrícula do alumnado da EMMArteixo para o vindeiro curso 2022/2023 nas sedes de Arteixo e Meicende.

Para o curso 2022/2023 os prazos para o procedemento de renovación da matrícula do alumnado da EMMArteixo son os seguintes:

  • Do 1 ao 15 de marzo (prazo de renovación de matrícula do actual alumnado, agás o alumnado que este ano cursa Básica II, que ten os seus propios prazos)
  • Do 21 de marzo ao 31 de marzo (exposición das listaxes[1] e posibles reclamacións)

ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN

A través do enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío dos modelos correspondentes para cada procedemento. Estes modelos poranse a disposición das persoas interesadas na páxina web do Concello e enviaranse ao alumnado da EMMArteixo a través do correo electrónico antes do comezo do prazo correspondente (nos casos de renovacións de matrícula).

INFORMACIÓN:

 Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:

  • Luns: 09:00 a 13:15 h.
  • Martes: 16:00 a 19:15 h
  • Mércores: 09:00 a 13:15 h.
  • Venres: 09:00 a 13:15 h.

Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com

NON PODERÁ RENOVAR A MATRÍCULA NA EMMArteixo:

  1. O alumnado expulsado mediante expediente disciplinario.
  2. O alumnado que teña cumpridos seis anos de permanencia na escola na mesma materia ou dez anos dende que empezou música e movemento .

[1] Previa comprobación de datos de débeda pública.

MODELO RENOVACION Adultos_Curso 2022-2023_ONLINE

MODELO RENOVACION Menores_Curso 2022-2023 ONLINE

Proposta de Prazos

Ir al contenido