A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación informa do comezo do prazo de renovación de matrícula do alumnado da EMMArteixo para o vindeiro curso 2022/2023 nas sedes de Arteixo e Meicende.
Para o curso 2022/2023 os prazos para o procedemento de renovación da matrícula do alumnado da EMMArteixo son os seguintes:
- Do 1 ao 15 de marzo (prazo de renovación de matrícula do actual alumnado, agás o alumnado que este ano cursa Básica II, que ten os seus propios prazos)
- Do 21 de marzo ao 31 de marzo (exposición das listaxes[1] e posibles reclamacións)
ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN
A través do enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío dos modelos correspondentes para cada procedemento. Estes modelos poranse a disposición das persoas interesadas na páxina web do Concello e enviaranse ao alumnado da EMMArteixo a través do correo electrónico antes do comezo do prazo correspondente (nos casos de renovacións de matrícula).
INFORMACIÓN:
Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:
- Luns: 09:00 a 13:15 h.
- Martes: 16:00 a 19:15 h
- Mércores: 09:00 a 13:15 h.
- Venres: 09:00 a 13:15 h.
Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com
NON PODERÁ RENOVAR A MATRÍCULA NA EMMArteixo:
- O alumnado expulsado mediante expediente disciplinario.
- O alumnado que teña cumpridos seis anos de permanencia na escola na mesma materia ou dez anos dende que empezou música e movemento .
[1] Previa comprobación de datos de débeda pública.
MODELO RENOVACION Adultos_Curso 2022-2023_ONLINE