A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación celebra os próximos 13 e 14 de xuño a tradicional clausura das actividades extraescolares educativas nas que participaron, neste curso, 917 estudiantes.
A clausura levarase a cabo no Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía de Arteixo desde as 16.30h
As actividades chegaron ao alumnado da escolas unitarias de Larín, Lagoa, Barrionovo e Vilarrodís; ademáis dos CEIP San Xosé Obreiro, Galán, Arteixo e Ponte dos Brozos.
Neste curso ofrecéronse actividades de pandeireta e baile galego, teatro, baile moderno, guitarra, música, idioma (inglés); técnicas de estudo, taller de ciencia-Investigamos, artesanía-manualidades; taller de arte; informática; robótica; mecanografía; xogos; e cociña.