Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Case un millón de euros para renovar o campo de fútbol Ponte dos Brozos

/ Case un millón de euros para renovar o campo de fútbol Ponte dos Brozos

O concello de Arteixo aprobará mañá no pleno ordinario unha nova partida orzamentaria para acometer unha profunda reforma do campo de fútbol de céspede natural de Ponche dos Brozos.

O complexo de campos de fútbol de Ponte dos Brozos ten máis campos de fútbol, pero este é o principal e onde se desenvolven as competicións deportivas de máis importancia.

O investimento será de 987.000 euros e a obra iniciarase en maio para non perturbar as competicións ata a súa finalización.

O proxecto inclúe a execución de melloras do campo de fútbol e zonas perimetrais anexas, así como as obras de novo sistema de iluminación do terreo de xogo (báculos + proxectores) de alta eficiencia enerxética e novo cerramento do recinto deportivo.

Outras cuestións que mellorará o investimento serán a conectividade e a accesibilidade ás instalacións deportivas.

O campo de fútbol de céspede natural actual realizouse de acordo ás técnicas da época, con capa de enraizamento de terra vexetal cun espesor variable de 35 cm, cun sistema de céspede natural composto de árdido estabilizado con parte de cuberta de gramíneas cespitosas de dimensións 102,60×65,40 metros entre lineas de xogo. Acolle partidos oficiais de varios equipos locais, o recinto dispón tamén dunha bancada cuberta. O intenso uso deportivo que sufriu ao longo dos anos provocou o desgaste excesivo da capa de céspede natural, atopándose actualmente en condicións mellorables para a disputa de partidos. Con esta obra rexenerarase o céspede natural, así como acometerse unha mellora das instalacións que afectan o campo, sendo estas a modificación da rede de rega, instalación de drenaxe subterránea baixa capa drenante, instalación de drenaxe perimetral ou a creación dunha nova zona de adestramento.

Ir al contenido