Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Campaña de neve da Deputación Provincial: listaxe de persoas admitidas

/ Campaña de neve da Deputación Provincial: listaxe de persoas admitidas

O Departamento de deportes fai pública a listaxe de persoas admitidas nas prazas da Campaña de Neve 2024 da Deputación da Coruña, como resultado do sorteo público celebrado hoxe día 11 de decembro de 2023 ás 10.30 h na Secretaría Xeral do Concello de Arteixo, no que a letra resultante foi a D.

As persoas admitidas terán ata o xoves 14 de decembro para formalizar a matrícula debendo entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 14 de decembro:
–    Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
–    Fotocopia tarxeta sanitaria
–    Fotocopia DNI ou libro de familia
–    Copia xustificante pago (cando o número de conta sexa publicado na web da Deputación)
–    No caso de que o/a neono/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativo. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de agarda.

Ir al contenido