Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nas prazas da Campaña de Neve 2025 da Deputación da Coruña, como resultado do sorteo público celebrado o día 4 de decembro de 2024 ás 13.00 h no Concello de Arteixo, no que a letra resultante foi a N
As persoas admitidas terán ata o venres 13 de decembro de 2024 para formalizar a matrícula debendo entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 13 de decembro:
– Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
– Fotocopia tarxeta sanitaria
– Fotocopia DNI ou libro de familia
– Copia xustificante pago (cando o número de conta sexa publicado na web da Deputación)
– No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou padecese doenza, intolerancia alimentaria ou alerxia que deban ser tidas en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativo/a e documento de autorización de medicación
Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de agarda.