Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Campamento de Verán da Deputación de A Coruña: sorteo de prazas

/ Campamento de Verán da Deputación de A Coruña: sorteo de prazas

Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nas prazas do Campamento de Verán da Deputación de A Coruña ao Concello de Arteixo, como resultado do sorteo público celebrado hoxe 9 de xuño de 2023 ás 09.30 h no Salón de Plenos do Concello de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi a «E».
As persoas admitidas terán ata o xoves 15 de xuño para formalizar a matrícula debendo entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 15 de xuño:
    a.    Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
    b.    Fotocopia tarxeta sanitaria
    c.    Fotocopia carné de identidade ou libro de familia
    d.    Copia aboamento cota inscrición (cando o número de conta sexa publicado na web da Deputación)
    e.    No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.
Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de agarda.
Ir al contenido