Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nas prazas do Campamento de Verán da Deputación de A Coruña ao Concello de Arteixo, como resultado do sorteo público celebrado hoxe 9 de xuño de 2023 ás 09.30 h no Salón de Plenos do Concello de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi a «E».
As persoas admitidas terán ata o xoves 15 de xuño para formalizar a matrícula debendo entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 15 de xuño:
a. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
b. Fotocopia tarxeta sanitaria
c. Fotocopia carné de identidade ou libro de familia
d. Copia aboamento cota inscrición (cando o número de conta sexa publicado na web da Deputación)
e. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.
Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de agarda.