INICIO > Cambios na circulación na Avenida da Deputación por obras

PUBLICACIÓN

Cambios na circulación na Avenida da Deputación por obras

3 Jun, 2021 | INCIDENCIAS, NOTICIAS

As obras que se desenvolven na Avenida da Deputación do Polígono de Sabón obrigarán, os próximos 5 e 6 de xuño, a modificar a circulación na zona.

Restrínxese o tráfico entre a Avenida da Moda e a Avenida do Embalse.

O corte realízase en fin de semana e previamente á época estival para minimizara afeccións aos usuarios.

Os desvíos habilitados, pola AC-552 e a Avenida de Ponte, estarán debidamente sinalizados.

Ir al contenido