Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Banco de instrumentos curso 2024-2025

/ Banco de instrumentos curso 2024-2025

Informamos de que un ano máis, o concello de Arteixo pon a disposición do alumnado da EMMArteixo que cursa algunha disciplina instrumental, un banco de préstamo de instrumentos.
As solicitudes presentadas serán valoradas pola comisión de valoración, que determinará os préstamos a conceder para o curso 2024-2025.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do martes 20 ao venres 30 de agosto de 2024.

FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Presencialmente: No rexistro do Departamento Municipal de Educación (non é precisa cita previa): Avda. dos Bosques, 16 Baixo (entrada por R/Ría de Noia), de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
  • Telemáticamente: a través do rexistro da Sede electrónica municipal.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

  • Modelo normalizado de solicitude debidamente cumplimentado e asinado.
  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a (sempre que o teña).
  • En caso de alumnado menor de idade: fotocopia do DNI dos proxenitores e libro de familia.

MÁIS INFORMACIÓN:
Departamento Municipal de Educación
Avda. dos Bosques, 16 Baixo (entrada por R/Ría de Noia)
981 659 121981 659 122
educacion@arteixo.org

Solicitude banco instrumentos – Curso 2024/2025

Ir al contenido