LIÑA 3: MOBILIDADE
A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes provisionais de axudas ao estudo da liña 3 (MOBILIDADE) curso 2021/2022 aprobadas pola Xunta de Goberno Local de data 16 de xuño de 2022.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións contra o presente acordo no prazo de 10 días contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional na web municipal.
A publicación realízase aplicando o contido da LOPDGDD sobre a fixación de regras e sobre o uso de datos persoais identificativos das persoas interesadas nas publicacións de actos administrativos.
- No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos publicados: ***4567**)
- No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético (Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*)
- Para consultar as listaxes, prema no seguinte enlace:
Anexo I – Axudas concedidas e denegadas