A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 1 (COMEDOR) curso 2021/2022 aprobadas pola Xunta de Goberno Local de data 23 de decembro de 2021.
As persoas interesadas interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo de UN MES contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio perante o mesmo órgano que o ditou.
A publicación realízase aplicando o contido da LOPDGDD sobre a fixación de regras e sobre o uso de datos persoais identificativos das persoas interesadas nas publicacións de actos administrativos.
- No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos publicados: ***4567**)
- No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético (Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*)
Para consultar as listaxes, prema nos seguintes enlaces: