Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Axudas comedor para o curso 2022-2023

/ Axudas comedor para o curso 2022-2023

Axudas ao estudo para familias con descendentes escolarizados nos niveis obrigatorio e non obrigatorio en centros sostidos con fondos públicos convocadas pola concellaría de igualdade, servizos sociais, sanidade e educación para o curso 2022/2023

LIÑA 1 – AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR

  • Prazo de solicitude: do 15 de xuño ao 15 de xullo 2022
  • Documentación a presentar: modelo normalizado

Só se deberá achegar documentación nas seguintes situacións familiares:

  • Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
  • Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
  • Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego, se é o caso.

Aconséllase consultar a web municipal  para toda a información necesaria.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Na sede electrónica (www.arteixo.org)
  • Presencial:
    • No departamento de Educación en horario de 9:00 a 14:00 h.
    •  Atenderase sen cita previa por orde de chegada.
    • Noutros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.

Prazo de presentación previsto para a Liña 2 (Libros e material didáctico para o 2º ciclo de Educación Infantil ): outubro 2022

Extracto convocatoria

Bases reguladoras publicación BOP

 

 

Ir al contenido