A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 1 (COMEDOR) curso 2023/2024 aprobadas pola Xunta de Goberno Local de data 22 de agosto de 2024.
As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da listaxe, perante o mesmo órgano que o ditou.
A publicación realízase aplicando o contido da LOPDGDD sobre a fixación de regras e sobre o uso de datos persoais identificativos das persoas interesadas nas publicacións de actos administrativos.
No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións
cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos
publicados: ***4567**)
No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións
cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético
(Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*)
o Para consultar as listaxes, prema aquí
o Pode consultar a resolución das alegacións presentadas neste enlace
o Consulte a publicación no BOP