LIÑA 3 – AXUDAS Á MOBILIDADE PARA ESTUDANTES
Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2021/2022
- Prazo de solicitude: do 1 ao 31 de outubro de 2021
Documentación:
- Modelo normalizado que se pode obter na páxina web do Concello (www.arteixo.org)
- Certificado de matrícula emitido polo centro educativo
- Nos casos de unións de feito con descendentes recoñecidos, separación ou divorcio, copias das sentenzas e do convenio regulador
Publicación convocatoria BOP 24.09.2021
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
- Na sede electrónica (www.arteixo.org) a través dunha instancia xeral e modelo normalizado de solicitude
- Presencial:
- No departamento de Educación en horario de 9:00 a 13:45 h.
- Noutros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.
IMPORTANTE: será obrigatorio o uso de mascarilla e aplicación de medidas de protección.