Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As obras para a construcción do novo centro social e escola da Lagoa comezarán nun mes

/ As obras para a construcción do novo centro social e escola da Lagoa comezarán nun mes

O Concello ven de adxudicar á empresa Cys Hispania, por 622.000 €, as obras do edificio que albergará o novo centro social e a escola unitaria de A Lagoa e que dará servizo ás parroquias de Chamín e Sorrizo.

A empresa ten, dende este momento, un mes de prazo para realizar os labores de replanteo e iniciar os traballos antes de que finalice o ano.

O proxecto contempla a demolición da edificación actual, que non cumpría os estándares de calidade necesarios para acoller unha reforma, plantexa un volume máis ao norrte para liberar a zona cercana ao vial, actualmente moi pegado; e a creación dunha praza que servirá como lugar de encontro.

O centro social ten o acceso principal desde a nova praza, cun vestíbulo con aseos, desde o que se accederá á escola unitaria que terá un aula de 60m2, aseos propios e un almacén. A escola tamén contará cun porche orientado aosur e un xardín ademáis dunha zona exterior con xogos.

Tamén accederase desde o vestíbulo ao espazo do centro social. Tamén son 60m2 con zonas de mesas e de ocio. Tamén terá unha terraza exterior con vistar ao val e ao mar.

Debido ao desnivel da parcela, realízase un semisótano diáfano sen pilares, de 160 m² útiles, cunha sala polivalente, que está a cota e ábrese ao vial inferior pola frente norte. Este espazo diáfano permite cualquera tipo de actividada, como clases deportivas ou de ocio, cursos, ou conferencias, bailes. Conéctase interiormente a través de escaleiras coa planta baixa.

A parcela ten unha superficie de 800 m2 e a superficie construida de centro social e escola unitaria será de 220m2 en cada unha das dúas plantas.

Ir al contenido