Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As obras na Avenida da Deputación obrigan a cortar o tráfico durante tres semanas entre a glorieta da ITV e a Avenida de Arsenio Iglesias

PUBLICACIÓN

As obras na Avenida da Deputación obrigan a cortar o tráfico durante tres semanas entre a glorieta da ITV e a Avenida de Arsenio Iglesias

6 Ago, 2022 | NOTICIAS

As obras que se levan a cabo na Avenida da Deputación obrigarán a cortar o tráfico durante tres semanas entre a glorieta da ITV e a Avenida de Arsenio Iglesias.

As restriccións comezarán o martes 9 de agosto ás 8h e restablecerase o tráfico o 26 de agosto ás 19h.

O dispositivo de tráfico empregará sinais de preaviso situadas a 300 metros da chegada ás glorietas advertindo do corte e expoñendo itinearios alternativos que se basan en bordear polas perpendiculares o vial según este plano.

  1. Avda Enerxía-Avda Prensa-Avda Moda
  2. Avda Enerxía-Avda Ponte-AC-552
  3. Avda Ponte-AC-552
  4. Avda Arsenio Iglesias

Mantense aberto un itinerario peonil, do paseo fluvial, que estará perfectamente sinalizado, delimitado e balizado con barreiras.

O corte é imprescindible para poder traballar en condicións de seguridade durante a execución das excavacións das arquetas dos decantadores hidrodinámicos así como nas arquetas dos aliviadoiros que representan unha ocupación en planta por movemento de terras de 6×4 mts e 5×5 mts o que fai inviable a súa execución a tráfico aberto mantendo o dobre sentido da circulación. As profundidades da excavación  e o tráfico pesado ou lixeiro xeraría descalces nos muros ou soleras das parcelas colindantes.

 

 

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido