Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As obras do Paseo do Balneario obrigan a trasladar temporalmente a feira dos sábados

PUBLICACIÓN

As obras do Paseo do Balneario obrigan a trasladar temporalmente a feira dos sábados

15 Sep, 2022 | NOTICIAS

O Concello trasladará a ubicación dos postos ambulantes do tradicional Feirón dos sábados que terán a súa ubicación temporal na Avenida Baldomero González. O cambio débese ás obras que se levan a cabo no Paseo do Balneario.

Unha vez finalicen os traballos, uns seis meses, o Feirón volverá ao seu lugar habitual no Paseo do Balneario e Praza do Balneario.

O Concello iniciou o pasado luns a obra de humanización do Paseo do Balneario. Trátase de mellorar a accesibilidade da rúa coa instalación dunha plataforma única co obxectivo de mellorar a conectividade peonil entre o paseo fluvial e o seu paso polo centro de Arteixo e a Praza do Balneario.

A inversión é de 550.000 euros e enmárcase dentro das propostas do plan de accesibilidade aprobado polo concello.

Ir al contenido