Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As actividades extraescolares pechan un ano COVID con 300 prazas cubertas

/ As actividades extraescolares pechan un ano COVID con 300 prazas cubertas

A Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación pon o punto e final a un ano de actividades extraescolares marcado, como todo o demáis, pola pandemia da COVID.

Neste curso participaron nestas actividades 300 escolares con alternativas tan diversas como baile galego, baile moderno, taller de arte, idioma estranxeiro, informática-robótica, investigamos, música, pandeireta e teatro.

A concellería que dirixe Inés Ramos apostou decididamente, pese ás restriccións derivadas da situación epidemiolóxica,  polos servizos de conciliación, cunha readaptación progresiva de obxectivos e programacións. Anualmente invístense máis de  250.000 € en contratos de servizos de actividades extraescolares e campamentos que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral.

Inés Ramos quere agradecer a colaboración, o esforzo realizado e a  responsabilidade demostrada no cumprimento das medidas fronte ao COVID polas familias, polas alumnas e alumnos participantes e por todo o monitorado que se encargou de impartir as distintas actividades extraescolares educativas.

 

Ir al contenido