Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo solicita á Deputación mellorar a seguridade viaria da carretera provincial de Suevos

PUBLICACIÓN

Arteixo solicita á Deputación mellorar a seguridade viaria da carretera provincial de Suevos

1 Feb, 2022 | NOTICIAS

O concello de Arteixo  traslada á Deputación da Coruña a súa preocupación pola seguridade viaria da estrada provincial DP-503 Pastoriza-Suevos-Porto de Suevos  xa que presenta un grave risco de seguridade viaria.

A mellora da seguridade viaria da DP-503 solicitada por Calvelo tería que facerse principalmente no núcleo de poboación de Suevos mediante a mellora da sinalización vertical e horizontal, o calmado do tráfico, a toma de medidas para a redución do perigo da estrada (sobre todo o referente ao paso continuo de tráfico pesado) e a construción dunha senda peonil que una o centro do núcleo de Suevos co novo centro social construido polo concello.

O 23 de xullo do 2021, o Concello de Arteixo presentou un escrito dirixido á Deputación de A Coruña, solicitando a mellora da seguridade viaria da estrada DP-503. A día de hoxe o concello de Arteixo non recibiu contestación algunha por parte da Deputación.

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido