O concello de Arteixo traslada á Deputación da Coruña a súa preocupación pola seguridade viaria da estrada provincial DP-503 Pastoriza-Suevos-Porto de Suevos xa que presenta un grave risco de seguridade viaria.
A mellora da seguridade viaria da DP-503 solicitada por Calvelo tería que facerse principalmente no núcleo de poboación de Suevos mediante a mellora da sinalización vertical e horizontal, o calmado do tráfico, a toma de medidas para a redución do perigo da estrada (sobre todo o referente ao paso continuo de tráfico pesado) e a construción dunha senda peonil que una o centro do núcleo de Suevos co novo centro social construido polo concello.
O 23 de xullo do 2021, o Concello de Arteixo presentou un escrito dirixido á Deputación de A Coruña, solicitando a mellora da seguridade viaria da estrada DP-503. A día de hoxe o concello de Arteixo non recibiu contestación algunha por parte da Deputación.