Arteixo presentará aos fondos Next Generation un sistema público de bicicletas. Será o único concello galego de menos de 50.000 habitantes que pode optar a estes fondos porque é o único dese tamaño que dispón dun sistema público de autobuses que conectan as diferentes parroquias e conta, ademáis, cun plan de mobilidade urbana sostible.
O novo sistema de bicicletas, que terá o seu centro neurálxico no paseo fluvial ao seu paso por Arteixo, dirírxese nunha primeira fase aos centros educativos, deportivos, culturais e de ocio, así como aos espazos industriais próximos. Trátase de xerar un núcleo de mobilidade activa que potencie o eixe formado polo río Bolaños.
A implantación do sistema será gradual ata cubrir todo o territorio. Disporá de 135 bicicletas, 35 delas con apoio eléctrico; e doce estacións para a súa distribución. Serán dúas estacións principais cun sistema de peche automático e un sistema de recarga para as baterías dos vehículos con asistencia eléctrica. Terán ademáis unha marquesina de protección. As estacións secundarias serán 8 haberá ademáis outras dúas estacións locais que só disporán de puntos para anclar as bicicletas e estarán en puntos alonxados do núcleo urbán como as praias.
O Concello prevé ademáis a compra dun vehículo eléctrico para a recollida e reparto da flota. Tamén se instalarán catro módulos de aparcamentos públicos de bicicletas nos centros máis concorridos.
A actución ten un coste de 325.000 €