Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo saca a exposición pública o seu plan de accesibilidade

PUBLICACIÓN

Arteixo saca a exposición pública o seu plan de accesibilidade

21 Mar, 2021 | NOTICIAS

O Concello sacará esta semana a exposición pública o seu plan de accesibilidade. Trátase de detectar as zonas de maior urxencia de actuación en temas de accesibilidade para despoir desenvolver as melloras oportunas.

O plan detalla actuacións que suman un importe de 5’5 millóns de € ata o ano 2024. Inclúense fichas detalladas de diversas zonas do municipio sobre as que se actuará pero ao se tratar dun documento aberto, aínda poderían intruducirse novos proxectos.

O obxectivo da accesibilidade universar é a eliminación de barreiras que impiden o acceso de todas as personas ao seu entorno físico e ás redes de servizos e dotacións. O plan dimensiona económica e temporalmente as actuacións que permitirán a eliminación desas barreiras.

Según a normativa de aplicación a Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade de Galici, a accesibilidade universal debe atender a barreiras que se sitúan nos seguintes elementos:

a) Espazos públicos urbanizados, infraestructuras e edificación.

b) Transportes.

c) Telecomunicacións e sociedade da información.

d) Bens e servizos a disposición do público e relacións coas administracións públicas.

Coa finalidade de analizar e actuar sobre os elementos característicos da problemática da accesibilidade en Arteixo, a estrutura de elementos a estudar e actuacións a propoñer, levaranse a cabo sobre os seguintes elementos:

a) Accesibilidade en edificacións públicas.

b) Accesibilidade en viario público urbano.

c) Accesibilidade aos Transportes.

d) Accesibilidade ao litoral.

e) Accesibilidad á sociedade da información.

f) Accesibilidade a bens e servizos.

g) Accesibilidade á rede de espazos naturais e patrimoniais.

Podes consultar o plan completo neste enlace

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido