A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Neve 2024, que terá lugar na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), para rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos inclusive cumpridos a 31/12/2023.
Os participantes desfrutarán de 4 días na estación invernal e contarán con cursos de esquí e actividades complementarias.
Ao Concello de Arteixo concedéronselle 14 prazas para rapaces e rapazas empradroados en Arteixo e corresponderalle a primeira quenda, do 12 ao 15 de xaneiro de 2024.
O transporte desde a comarca tanto de ida como de volta está incluido.
Terán preferencia as persoas que non asistiran a campañas de inverno anteriores.
Cada participante deberá aboar unha cuota de inscrición de 85 €.
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
- PREINSCRICIÓN: As preinscricións deberán entregarse con data límite o 1 de decembro antes das 14.00 h no Servizo Municipal de Deportes, na Avenida Arsenio Iglesias s/n de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h ou na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org
- Descarrega o formulario aquí
- SORTEO PÚBLICO. No suposto de ter máis solicitudes que prazas ofertadas (14) realizarase un sorteo público ante o Secretario Municipal que terá lugar o 11 de decembro ás 10.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
- MATRÍCULA. As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 15 de decembro:
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Fotocopia carné de identidade ou libro de familia
- Copia aboamento cota inscrición (cando a praza estea confirmada e o número de conta publicado na web da Deputación)
- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.
- Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de agarda.