Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo repite como sede da Universidade Senior para maiores de 50 anos

/ Arteixo repite como sede da Universidade Senior para maiores de 50 anos

O programa universitario para persoas maiores de 50 anos da Universidade da Coruña comezará o 14 de setembro, a inscrición para a 3a edición en Arteixo do Programa de Democratización do Coñecemento “Compartir Experiencias e Coñecementos”, que conta coa colaboración do Concello de Arteixo e a Xunta de Galicia.

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Arteixo, a 3a edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro de 2024.

As sesións serán desenvolvidas na Capela do Balneario.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Arteixo ou presencialmente a través do Departamento de Educación do Concello.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas. Todas elas impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MODULO 1. Arte e Patrimonio
• “O Imaxinario Social da Natureza e os seus Desastres”, a cargo da profa. Elvira Santiago Gómez
• “A Moda a través da Historia” a cargo da profa. Elvira Lezcano González
• “Do Renacemento ao Barroco a través da Arquitectura dos Mosteiros Galegos” a cargo da profa. Estefanía
López Salas.
• Visita cultural
MODULO 2. Ciencia e Tecnoloxía
• “I+D e Innovación en Galicia” a cargo do prof. Alfonso Bravo Juega.
• “Situarse no Mar: O Ceo como Guía” a cargo da profa. Alsira Salgado Don.
• “Ciencia con Datos” a cargo do prof. Salvador Naya Fernández
• Saída de campo
MODULO 3. Saúde e Benestar
• “Factores de Risco da Demencia” a cargo do prof. J. L. Rodríguez-Villamil Fernández.
• “Que é o Edadismo? Reflexionando para acadar unha Sociedade Inclusiva”, a cargo da prof. Raquel Veiga
Seijo
• “Augas termais e Saúde” a cargo da profa. Rosa Meijide Faílde.
• Saída de campo

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Arteixo, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

Ir al contenido