Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo recibe máis de 46.000 € do programa Aprol para a contratación de socorristas

PUBLICACIÓN

Arteixo recibe máis de 46.000 € do programa Aprol para a contratación de socorristas

12 May, 2022 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou  Arteixo para  anunciar que a Consellería de Emprego e Igualdade financiará con máis de 497.000 euros a contratación de 64 persoas desempregadas en concellos da comarca da Coruña; dos cales,  37 (120.000 euros) destinaranse á tarefa de socorristas e 27 (377.000 euros) contrataranse para que poidan levar a cabo tarefas de prevención de incendios como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, limpeza de montes e xestión de biomasa.  O Concello de Arteixo contará con 6 socorristas e 2 incorporacións do programa Aprol rural grazas a un investimento global de 46.600 euros.

No marco do programa de socorristas o Goberno autonómico inviste 1,5 millóns de euros para apoiar en preto de 200 concellos galegos a contratación de máis de 450 desempregados e desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que os concellos soen destinar á contratación de persoal para a vixilancia das praias e espazos fluvais ou piscinas municipais. Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial con contías que irán dos 1.555 euros aos 2.700€ segundo o grupo de cotización das persoas contratadas.  Con esta medida a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais  co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

No ámbito do programa Aprol Rural prevese a contratación de 550 persoas desempregadas en toda Galicia en 285 municipios rurais. Os apoios a percibir polas entidades locais, neste caso, van dos 13.970€ aos 20.250€ en concepto de gastos salariais segundo o grupo de cotización financiados ao 100% pola Xunta. Tiveron prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

O obxectivo destas axudas é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia -aqueles que non contan con ningunha zona densamente poboada a nivel parroquial- unha experiencia práctica e profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Con todas estas medidas a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais na integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido