Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Rebaixa do 50% no IBI durante tres anos aos inmobles que poñan placas solares

PUBLICACIÓN

Rebaixa do 50% no IBI durante tres anos aos inmobles que poñan placas solares

19 Oct, 2022 | NOTICIAS

O concello de Arteixo rebaixará o 50% do IBI durante tres anos dos inmobles que instalen placas solares. Esta bonificación persegue apoiar o aforro enerxético dos fogares en Arteixo. A modificación da ordenanza correspondente producirase no pleno da próxima semana.

De esta maneira,todos aqueles que instalen placas solares gozarán dunha bonificación do 50% da cota do IBI, durante os tres períodos impositivos seguintes ao de finalización da obra xustificada co certificado requerido.

Para a obtención da bonificación que se solicite a seguinte documentación: 1. Comunicación de obra menor ou licenza de obras segundo corresponda . 2. Certificado detallado emitido e asinado polo técnico competente (autor do proxecto/director das obras), no cal declare e certifique que cumpran a normativa e disposicións legais de aplicación, e que as instalacións e os sistemas ou medidas correctoras empregadas funcionan con plena eficacia e seguridade. 3. Certificado enerxético do estado final da actuación o cal terá que ser inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE). 4. Xustificación da inscrición no rexistro de instalacións de autoconsumo na Consellería de Industria. 5. Empadronamento do suxeito pasivo no inmoble obxecto da solicitude. 6. Estar o corrente das súas obrigas tributarias co Concello no momento da concesión da bonificación. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación pola administración competente.  Todas estas condicións técnicas son as habituales cando se instalan placas solares nos domicilios.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido