Nos últimos anos, o concello de Arteixo realizou numerosas obras na vías provinciais, a maioría encamiñadas a mellorar a seguridade viaria. O concello de Arteixo investiu dos seus recursos propios 3.641.092 € nas estradas de titularidade da Deputación actuacións: na DP-0501, DP-0506, DP-0507, DP-0510, DP-0511, DP-0513 e a DP-0514; namentres a Deputación investiu nas súas propias estradas nestos últimos 10 anos 446.135 €, concretamente na DP-0507 Senda Peonil dende Rorís ata Anzobre.
Así mesmo, en anteriores plenos municipales, o concello de Arteixo aprobou mocións solicitando á Deputación da Coruña para que actue de modo urxente nas estradas: DP-0503 (en Suevos), DP-0512 (principalmente na zona de Uxes-Roxiñas, e no tramo de Arteixo entre a Travesía de Arteixo
e Avenida de Fisterra- Travesía da Groufa), na DP-0506 (Barrañán) e na DP-0511 (Ervedíns-Loureda).
O goberno municipal de Arteixo proporá no próximo pleno municipal acometer de modo coordinado coa Deputación a execución de sendas e as melloras de seguridade viaria das estradas provinciais en territorio arteixán.
A proposta basease na necesidade de mellorar a seguridade nas estradas de titularidade da Deputación da Coruña; moitas de elas con plataformas
viarias inferiores aos seis metros (o mínimo que se considera necesario para a circulación de vehículos en ámbolos dous sentidos); e moitas por
carecer de sendas ou itinerarios peonís seguros (o que supón un risco para a circulación peonil e viaria).
Motivados polo exposto, dende Arteixo se traslada esta proposta de actuar de xeito coordinado entre a Deputación da Coruña e o propio concello de
Arteixo, na realización de melloras da seguridade viaria e actuacións de sendas nas distintas estradas de competencia da Deputación da Coruña.