Carlos Calvelo está en Bilbao para representar a Arteixo no Congreso de Mobilidade Urbana Sostible ao que acode na súa calidade de vicepresidente da Comisión de Transportes e Mobilidade da Federación Española de Municipios de Provincias. A comisión, presidida polo tenente alcalde de Bilbao, Alfonso Gil, reúnese para tratar distintos asuntos relacionados coa mobilidade sostible nos concellos.
O alcalde coincidirá neste marco, según adianta a organización, coa ministra de transportes, Raquel Sánchez, á que o concello enviou esta semana unha carta na que solicitaba recuperar o convenio que a Xunta de Galicia e o Concello enviaron ao ministerio co obxectivo de eliminar a peaxe de Pastoriza a través da colaboración económica das administracións central, autonómica e local.
A mesa de negociación ofrecida en forma de convenio polo concello e a Xunta básase en que 19 millóns de euros serían a cifra necesaria para rescatar a peaxe da empresa AUDASA. A estas cifras habería que engadir a exención do pago do Imposto Especial sobre Bens Inmobles que AUDASA debería pagar ao concello ata o fin da concesión en 2049, e que suporía un aforro engadido para a concesionaria de preto de 10 millóns de euros. Sería unha solución que facilitaría toda a mobilidade da comarca de A Coruña en relación cos milleiros de desprazamentos que cada día realízanse ao polígono de Sabón