Arteixo acolleu a xornada de presentación de compra pública de innovación, que ten como obxectivo presentar proxectos como a creación dunha
plataforma de Intelixencia Artificial destinada a mellorar a mobilidade do municipio ás empresas tecnolóxicas interesadas en participar neste tipo de desenvolvementos relacionados coa innovación en Arteixo.
Esta iniciativa está emparentada coa recente inclusión de Arteixo por parte do Ministerio de Ciencia na Rede Innpulso, que está formada por 112 concellos de toda España interesados en implementar proxectos relacionados coa innovación.
O primeiro obxectivo xeral de Arteixía é deseñar, desenvolver, testar e despregar unha plataforma de IA municipal como un ecosistema centralizado para a inxesta, procesamento, análise, visualización de datos heteroxéneos e formulación de recomendacións ao redor da xestión da mobilidade. Por iso, dita plataforma debe xerar intelixencia accionable, habilitar automatización intelixente e orquestración de servizos, incluíndo modelado de comportamentos e predición de fluxos. A implementación dunha solución innovadora que aborde o reto exposto xerará múltiples beneficios
cualitativos para Arteixo, os seus cidadáns, visitantes e tecido empresarial.
As solucións propostas deben conducir a unha plataforma tecnolóxica integral que dea resposta aos retos que Arteixo ten que afrontar en temas
como a mobilidade. Neste sentido, unha vez despregada a plataforma tecnolóxica espérase que o Concello de Arteixo conte cunha ferramenta
centralizada, intelixente e preditiva que permita xestionar de forma integral e coordinada o novo modelo de mobilidade do municipio. Esta plataforma
actuará como un ecosistema dixital modular, capaz de integrar datos heteroxéneos (de sensores, bases de datos municipais, plataformas SmartCity, redes sociais etc.)/ etc.), analizalos mediante algoritmos avanzados de intelixencia artificial e ofrecer intelixencia accionable para a toma de decisións
en tempo real e a planificación estratéxica adaptativa.
O obxectivo é crear unha xestión Intelixente e integrada de fluxos de mobilidade. As liñas municipais e autonómicas de transporte que pasan polo concello, o sistema de bicicletas público ou a utilización das vías de comunicación serán testadas e melloradas con esta iniciativa.
Este proxecto estará enmarcado dentro dunha liña de investimento en innovación cun orzamento estimado de tres millóns de euros,
cofinanciado por Fondos Feder, e o 80% destinado a proxectos innovadores.
Un dos primeiros proxectos será o impulso dunha plataforma dixital avanzada destinada a optimizar os servizos municipais, integrando tecnoloxías como a intelixencia artificial. Ademais, consolidaremos a nosa capacidade para captar financiamento externo, en particular fondos europeos.
Carlos Calvelo alcalde de Arteixo, abriu a xornada e sinalou a importancia que ten que “Arteixo siga avanzando en ferramentas innovadoras que contribúan a mellorar os servizos públicos”.